Rabudo. Esta semana imos en vespa
Supoño que un blog debe de ser especial cando consegues empatizar co autor sen coñecer maís que o reflexo que os seus posts deixan na retina social da blogosfera. Iso me pasou hai uns días, cando Nacho Mirás Fole falou da morte de Carmiña, o seu gato doméstico. Non conseguín evitar sentir algo de pena, case como se fose o gato dun amigo.Coñecín a Rabudo hai algo máis de dous anos. Se non lembro mal, facíamos un traballo sobre a relación da plataforma Nunca Máis cos medios dous anos despois da catástrofe de Prestige. A min tocoume ir ata a delegación de La Voz en Santiago e Nacho ofrecérase por teléfono a recibirnos. Quen pasou pola facultade de xornalismo sabe o difícil que atopar algo de simpatía á hora de facer entrevistas ou documentarse, aínda máis se cabe cos futuros colegas de profesión. Nada que ver coa amabilidade e franqueza que este home tivo con nós. Non volvín a velo dende aquela, pero xa me teño cruzado con bastantes persoas que tiveron experiencias similares con este blogueiro incansable namorado da eterna vespa.






2 comentarios:
Pois convídote a unha cervexa cando queiras, esta semana mesmo. Un saúdo e moitas grazas pola parte que me toca.
Tómoche a palabra ;)
Publicar un comentario