miércoles, 13 de diciembre de 2006

¿Que lle pasa á animación?

Hai uns días vin por fin "O castillo ambulante", que tiña pendente dende había meses. Pero non vou falar agora dela pois creo que lle debo un post extenso a Hayao Miyazaki, que farei tras volver ver a súa "triloxía máxica" (Nausicaä, A princesa Mononoke, A viaxe de Chihiro). De momento, só vos digo que "O Castillo ambulante", gustándome menos que as que acabo de citar, supón para min un sopro de aire fresco cada vez máis escaso no mundo da animación.

E é curioso porque seguramente este sexa o mellor momento da historia do cine de animación. Polo menos, o máis prolífico. Non están tan lonxe os tempos nos que practicamente a único película de "debuxos" que podías ver no cine era a estrea que cada Nadal nos achegaba Disney. O mecha estivo no éxito de novos estudios como Pixar ou Dreamworks que apostaron polas 3D e por guións radicalmente diferentes ó estilo "brando" das últimas produccións de Disney, incluso con parodias directas (hai unhas cantas en Shrek). Foi o incentivo necesario para que outras productoras se lanzaran en tromba a polo filón dun xénero que traspasaba claramente a liña entre o "cine infantil" do "cine familiar".

Pero dun tempo a esta parte, non sei onde se esconde toda esa frescura inicial dos primeiros anos Post-Toy Story. ¿Non vos satura ver tanto guiño a películas clásicas, tanto efecto matrix, tanta peli de animal salvaxe, tanta "perspectiva formiga"...? "Novedades repetidas llevan a la saturación. La saturación al cliché, el cliché al lado oscuro del aburrimiento, joven guionista-padawan".

Por outra parte hai moita similitude entre esta crise de madurez da animación e a da industria dos videoxogos. O salto ás 3D deixou unha primeira xeración de xogos sorprendente (Metal Gear Solid, Gran Turismo, Tomb Raider, Final Fantasy VII) que se converteron en auténticos superventas. Pero en canto se destapou o filón, aí chegaron as empresas coas fotocopiadoras. Senón, botádelle un vistazo a algúns "bombazos" que se agardan para o ano que vén: Gran Turismo 5, Final Fantasy XIII e o enésimo Tomb Raider (creo que van polo 8). Tampouco é de estrañar cando eses dous mundos beben cada vez máis das mesmas fontes.

Ante esta pataleta de abuelo cebolleta, sempre nos queda o alivio de tirar de clásicos. Así que imos estrea-la videoteca particular do blog cun dos fragmentos máis brillantes da historia da animación: o aprendiz de bruxo, da incomprendida Fantasía.

Que aproveiten as palomitas ;)



6 comentarios:

Anxo Caído dijo...

O que eu creu que sucede é que asumir riscos é fantástico en termos creativos,mais pode tornarse nefasto se falamos de rendibilidade económica.Sempre é máis sinxeo e tranquilo ir a rebufodun cabalo gañador.Así se explican as secuelas das secuelas e precuelas varias.

Elianinha dijo...

Pola miña propia voluntá, e que quede claro que é pola miña propia voluntá e que non fun obrigada por ninguén (e menos por Juan), volvo poñer o comentario que onte Blogger, malvadamente, me eliminou. Porque me dan pena os chinos que se quedarían sen Google, que senón les iba meter una breada que iban flipar mil, neno.
Pois ripito, que eu como nena criada entre Disney, no momento en que vin Fantasía non me gustara nada, non a entendía, rompía de tal xeito coas estruturas inmutables de ata o momento. Anos despois volvina ver e pareceume acojonante (con voz susurro-les). Creo que foi unha peli que chegou antes de tempo, demasiado avanzada para o que estabamos habituados.
Basicamente era isto o que dicía o meu comentario borrado.

PD: non me quere deixar comentar outra vez!!!!

Elianinha dijo...

viva viva, vencín!

Chexire dijo...

Fallen_Angel, non digo que non, pero Toy Story ou Shrek foron moi atrevidas no seu momento, e conseguiron ser auténticos fenómenos de masa.

O atrevemento ten unha obvia vinculación co risco, pero relativo. Seguro que os productores desas dúas pelis non previran o éxito que podían ter, pero se analizas a súa estructura vés que tódalas novidades que introducían estaban moi calculadas. Máis que medo a non ser rentables, creo que hai falta de creatividade.

Eliana, ¿Viches Fantasia 2000? Creo que pasou igual de desapercibida para o público como a primeira, pero é tamén un experimento admirable (aínda que chega a ser algo empalagosa ó final).

E a todo isto ¿que foi de Mickey? Hai anos que non o vexo por ningures...

Elianinha dijo...

Pois nada, que como caducaron os dereitos de autor, retirárono para facer cartos por outras partes. Agora corre só por Eurodisney na procura de nenos, que pasan porque lles mola máis o pitiño de Chicken Little. Pero se es un nostálxico: http://www.disney.es/DisneyOnline/zona_de_impresion/es_mick_home.htm

Chexire dijo...

Ou téñeno castigado os da Disney por conducta improcendente ;)