Nature abandona a súa Wikipedia particular
Unha nova bastante triste. A revista Nature está a piques de abandoar o seu sistema de revisións públicas. Unha iniciativa que puxo en marcha hai algúns meses e que pretendía abrir ó público o proceso de revisión dalgúns artigos preseleccionados polos editores. Dalgunha forma, o proxecto bebía das fontes da cultura "wikipedia" e do seu proceso de verificación, pero aplicado ó campo dos investigadores. Supoño que se solicitarían certos requisitos e "avales científicos" para participar.O experimento era interesante. Revistas como Nature ou Science deben gran parte do seu prestixio a uns estrictos controles de calidade que malia todo foron postos en cuestión máis dunha vez nos últimos anos. Por iso debería ser visto como un xesto de autocrítica, humildade e honestidade que admitan outras vías de verificación que poden pasar por unha cultura máis aberta.
Polo visto, a experiencia de Nature foi un fracaso por falta de participación. Triste, pois toda iniciativa que pretenda ampliar o debate sobre o coñecemento e romper coa endogamia e o corporativismo dos estudios científicos é positivo, pero víase vir. A priori, non parece que os investigadores "de postín" sexan os máis abertos a compartir datos nin a facer abertas críticas constructivas ós seus colegas.
Conclusión: resultado previsible; experimento necesario.
Vía: Genciencia
Enlace: The Wall Street Journal






3 comentarios:
Puff... o sistema de revisión de artigos científicos... ¡si eu che contase! En fin, mellor non tirar da lingua.
Conta, conta!!
Non, non, mellor non, que sería tirar pedras contra o propio tellado, jajaja
Publicar un comentario