jueves, 28 de diciembre de 2006

Nature abandona a súa Wikipedia particular

Unha nova bastante triste. A revista Nature está a piques de abandoar o seu sistema de revisións públicas. Unha iniciativa que puxo en marcha hai algúns meses e que pretendía abrir ó público o proceso de revisión dalgúns artigos preseleccionados polos editores. Dalgunha forma, o proxecto bebía das fontes da cultura "wikipedia" e do seu proceso de verificación, pero aplicado ó campo dos investigadores. Supoño que se solicitarían certos requisitos e "avales científicos" para participar.

O experimento era interesante. Revistas como Nature ou Science deben gran parte do seu prestixio a uns estrictos controles de calidade que malia todo foron postos en cuestión máis dunha vez nos últimos anos. Por iso debería ser visto como un xesto de autocrítica, humildade e honestidade que admitan outras vías de verificación que poden pasar por unha cultura máis aberta.

Polo visto, a experiencia de Nature foi un fracaso por falta de participación. Triste, pois toda iniciativa que pretenda ampliar o debate sobre o coñecemento e romper coa endogamia e o corporativismo dos estudios científicos é positivo, pero víase vir. A priori, non parece que os investigadores "de postín" sexan os máis abertos a compartir datos nin a facer abertas críticas constructivas ós seus colegas.

Conclusión: resultado previsible; experimento necesario.

Vía: Genciencia
Enlace: The Wall Street Journal


3 comentarios:

Gata Vagabunda dijo...

Puff... o sistema de revisión de artigos científicos... ¡si eu che contase! En fin, mellor non tirar da lingua.

Chexire dijo...

Conta, conta!!

Gata Vagabunda dijo...

Non, non, mellor non, que sería tirar pedras contra o propio tellado, jajaja