martes, 12 de diciembre de 2006

Google Earth: un paso máis preto do "meme global"

Entérome a través de Barrapunto dunha nova funcionalidade engadida a Google Earth, coa posibilidade de visionar entradas da Wikipedia ou de Panoramio. O sistema é sumamente intuitivo. Simplemente activas a capa "geographic web" e navegas igual que sempre. Chegado a un determinado nivel, aparecen os iconiños correspondentes para visualizar a información xeolocalizada.


Dende o meu punto de vista, Google Earth é dos poucos servicios de Google que non se "paquidermizan" coa expansión do xigante. Non me entendas mal, uso unha conta de Gmail, Google News, Google Reader, Google Calendar, Google Desktop, a súa páxina personalizada... e creo que só me falta ter tatuada na testa a súa ventaniña de búsqueda. Pero a medida que vai medrando, parece que os seus servicios fosen perdendo algo da axilidade e da súa "limpeza" característica. En cambio, cada vez que entro en Earth, descubro novas aplicacións que supoñen un avance e unha frescura renovada. Xa hai tempo que deixou de ser un simple atlas para converterse nunha auténtica fiestra en 3D (¡e mesmo en 4D!) ó mundo.

Realmente, non é un servicio, senón unha ferramenta extraordinariamente potente pola súa transversalidade. A este paso, ben podería converterse na interface común de Google que agrupe a maioría dos seus productos...

Déixovos un comentario da anterior entrada de Barrapunto ó fío todo isto:

"2008 Google lanza "Layer One", una capa virtual sobre Google Earth que permite comprar propiedades, añadir elementos 3D.

2009 Google lanza X3DEaazy, el primer editor 3d facil de usar, con el que la gente puede crear sus modelos para "Layer One" [nisto xa vai atrasado]

2010 Google crea el Google Earth Dollar, para comprar propiedades en L1. Second Life cierra, destruida por una ola de Gray Goo.

2011 Explosion demografica en L1. Aparece una nueva web 3D sobre L1.

2014 Google abre L1 a terceros, de modo que terceras partes pueden hostear contenidos dinamicos ademas de la Grid Metacomputing de Google.

2018 Aparece el virus "Katamari Damacy" y la mayor parte de L1 es destruida y lanzada al espacio donde se convierte en polvo espacial."


2 comentarios:

Aldo Roda dijo...

Sempre me gustou o monopoli, pero non sabía que se fora crear google bouble.com

Chexire dijo...

Quen sabe, ó mellor, o único que están facendo os 2 frikis creadores de Google é precisamente xogar unha partida de monopoly, pero ó bestia, construindo o seu propio taboleiro.

Calquera día destes, abúrrense de xogar e gardan a caixa cos billetes dentro...