lunes, 11 de diciembre de 2006

Benvida a todos (incluídome a min)

Pois aquí estamos de novo, caídos de cheo no mundo de Oz despois dun anterior paseíño polo País das marabillas. A primeira vista, non é que isto sexa moi diferente. Sinceramente, creo que estou no mesmo lugar (pero non llo digas ó meu xefe, que me paga a kilometraxe). O único que cambia -e isto fai que cambie todo- é a mirada. Ben é sabido que en Oz, todo cambia dependendo da cor dos teus lentes ¿non?

Aquí, xusto ós meus pés, parece comezar un camiño de baldosas amarelas. Realmente o camiño vén de máis atrás, e podería continuar perfectamente sen min, pero é demasiado tentador para non seguilo. Así que se queres, estaría encantado de que me acompañases algúns tramos.

¿Que necesidade hai de camiñar? Home, pois así en frío, ningunha. Non pretendas que che enuncie agora bós propósitos (mira o calendario, aínda faltan semanas para aninovo). Só imos andar un pouco, e se nos apetece, contar o que vexamos. ¿Apúntaste?

Pois iso, amigos, benvida a todos (incluíndome a min)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Quizais por simpatía gatuna gustábame mais o título do teu blog-embarazo anterior, pero dende logo, Oz tamén é un lugar marabilloso para perderse.

Felicidades polas mil e unha aventuras que se poidan correr neste ou noutros futuros blogs...

chexire dijo...

O gato anda escondido por aí, seguro que aparece nalgún momento ;)

Moitas gracias pola visita. Espero que volvas pronto!