As partituras de Mozart, gratis na rede
Certo que se pasaron un pouco co 250 aniversario do seu nacemento. Un popular locutor de radio comentaba hai algúns días que quedou tan saturado de merchandising durante unha viaxe a Salzbugo que decidira "dejarlo, y pasarme a Beethoven".
Pero Mozart sempre será Mozart, así que son de alabar iniciativas como as do Mozarteum, que fará accesibles de xeito gratuito tódalas súas partituras a través da rede. A min non me afecta en gran medida; o máis lonxe que cheguei nas clases de solfeo foi a debuxar a clave de sol (e sospeito que sempre o facía do revés). Pero teño algúns amigos que con esta nova reciben os reis por adiantado. Noraboa para eles.

Vía: Chuza
3 comentarios:
Mira, eu serei das que agradezan ese link pola súa utilidade.
Alguén dixo que en realidade as mellores cousas desta vida son gratis, e estase a demostrar ;)
Eu imaxinaba que as partituras de compositores actuais ou recentes serían difíciles de conseguir dada a lexislación de dereitos de autor.
Pero non pensaba que sería tan complicado con autores clásicos, así que a ver se o exemplo se amplía a outras fundacións e institucións.
Ahora sólo hace falta que el Mozarteum me regale los folios.
No pienso dejar ni una partitura sin imprimir.
Publicar un comentario