miércoles, 2 de mayo de 2007

Bágoas na choiva

Levo uns días caladiño de máis, seino. Pero é que hai crónicas que se escriben mellor con tinta invisible, desa que en principio parece deixar a folla en branco, pero que tras un tempo desvela o segredo do seu silencio.

Ben, pois estes días ando a procura dese silencio. Prometo volver pronto, ganas non me faltan ;)

De momento déixovos con este vídeo. Hai pouco nunha conversa entre amigos diciamos que aínda está por facer a gran adaptación ó cine dunha obra de Phillip K. Dick. Parece mentira, pero con todo o que escribíu este tío, aínda ninguén conseguíu plasmar o seu espirítu. Replicábanme dicindo que Minority Report e Blade Runner son grandes películas. Estou de acordo, pero as dúas non son máis que leves adaptacións que pouco teñen que ver cos orixinais.

Non conseguín ver aínda A Scanner Darkly. Creo que nin chegaron a estreala en Compostela, e o outro día aluguei unha copia defectuosa que non arrancaba. Desta fin de semana non pasa, xa vos contarei que tal.

En todo caso, hoxe (cousas da sincronicidade) choquei de novo con esta marabilla. O monólogo final de Rutger Hauer en Blade Runner. Cinco frases en dous minutos, un cumio da historia do cine e unha lápida demasiado pesada para a carreira de Hauer. Pouco máis memorable fixo dende aquela (saía en Sin City interpretando ó bispo, ¿verdade?)

7 comentarios:

Gata Vagabunda dijo...

Emociónome de mais con "Blade Runner"... ains...

Anxo Caído dijo...

Vaia,que coincidencia!Pensaba vela este fin de semana e publicas un post sobre ela.

Falando de Dick e "Sueñan los androides con ovejas eléctricas",véume á mente unha anécdota con aquel "pijo proletario",non sei se a lembras.

Por certo, a peli é BSO(pincelada friqui para rematar).

Chexire dijo...

Si, é un peliculón. E ese momento dramático, coa música de Vangelis soando de fondo...

Anxo, non caigo na anécdota, pero case mellor cóntama en privado, que os grandes irmáns téñenche ollos grandes de carallo...

Madeira de Uz dijo...

O filme esse podes atopá-lo no videoclube que está entre a CaixaGalicia e o Árbol de Vite, ao ladinho de uma tenda de fruita.

Chexire dijo...

Por sorte, coa reedición en DVD creo que é bastante fácil atopalo en moitos videoclubes.

E se aguantas a vena consumista, sempre podes pasar polo Corte Inglés onde é un habitual da sección de Clásicos ;)

apuntes para el dia del juicio dijo...

Hola estoy creando un periódico digital y me gustaría que colaborases conmigo.
Agrégame a Messenger y hablamos.
Un saludo. Jose Guillermo. Lonuestro27@hotmail.com

Anónimo dijo...

3Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... consulta al runt - consultar runt - consulta por placa - consulta por placa - consulta por cedula