A redacción, esa fabrica de (e)ventos
Primeira hora da mañán, na redacción dun medio calquera, comentando o notición do día.
- ¿E quen máis está, aparte de Ana María Ríos? ¡Mira, Rebeca Loos, a amante de Beckham! ¡Que fuerte, que fuerte!
- E Juanito Oyarzábal, o alpinista.
- Ese é o que vai gañar fijo.
- Xa, porque se vai comer ós demais.
- ¡De iso nada! ¡A que o come todo é Rebeca Loos!
6 comentarios:
E fai falta ceibar a eses nunha selva? Se os trouxeran para a Xunta coa documentación sen compulsar...
Ó mellor comíana toda...
Deixa que os solten alá. Con sorte pasa un cocodrilo por alí...
Ana María Ríos sobrevivirá porque total, ela é todo óso, non hai nada que roer.
Home, moito que roer non hai,pero sempre nos quedará o tuétano.Por certo...Como que é todo óso?Insinúas que Interviú manipula?Que intoxicación! :P
Na redacción analizamos meticulosamente as fotos (por profesionalidade e esas cousas), e concluímos que é imposible de determinar. Haberá que seguir investigando, aínda que cando a vexamos en bikini todo se vai saber.
é bastante oso, estou dacordo con elianinha, pero vai gañar ela que se curtiu nos cárceres de Cancún e eso é toda unha experiencia.
Publicar un comentario