lunes, 2 de abril de 2007

Esta semana, acompaña Elianinha

Hoxe vou facer algo de corporativismo, pero ben merecido (aínda que moi mal pagado).

Eliana, Elianinha para o blogomillo, pasa por ser unhas das persoas máis hiperactivas que coñezo. É botarlle un ollo a súa axenda, e éntrame unha sensación de luns que non aturo. Entre o xornalismo, o teatro, a escola de idiomas, os estudios na UNED... aínda lle queda tempo para diversas actividades socio-culturo- político-filosofico-frikis. Onte mesmo deixounos proba do seu talento coa estrea da súa última obra de teatro, Metus Extremus, quen ten cú ten ten medo, da que supoño que dará conta e testimonio gráfico nas próximas horas ou días.

Pero aparte dunha moi boa contadora de historias (verídicas case todas xD) é unha grandísima compañeira. Non é peloteo gratuito (ben, gratuito si), creo que outros tamén poden dar fe. Pois iso, teatreira de corazón, un pracer traballar contigo.

3 comentarios:

besbe dijo...

Seguro que é moi boa rapaza cando alguén fala así por gusto dela, sen dúbida algunha. Foi unha pena non poder ter ido onte a ver a obra, pero agardo que alguén nola conte.

Un saúdo.

Elianinha dijo...

Oe, pois moitísimas gracias, é unha honra figurar nesta categoría de acompañante (como se xa non estiveses farto de todas as horas que te acompaño, jaja).
Emocioneime ao ler todo iso sobre min, pensei que ías facer mención á miña filla secreta na lista de actividades que teño.
Ás veces paro a pensar en todo no que ando metida e dáme un pouco de vertixe, agora que penso que se paro, caduco, que me asfixiaría non ter que facer, aínda que vaia a custa de amizades e relacións persoais/familiares.
E o do talento... había que discutilo, pero polo menos pásoo ben, moi ben.

PD: Aviso, o da filla secreta foi unha nena que se confundiu e me chamou mamá erroneamente.

Chexire dijo...

Tranquila, Eli, todos sabemos que aquela rapaciña se equivocou ó chamarche "Mamá". Realmente ela quería dicir, "Papá". ¿non si?

Besbella, si que é moi boa rapaza. Un pouco revirada ás veces, pero non é mal bicho ;)