miércoles, 21 de marzo de 2007

Plano secuencia

Se o travelling é un movemento moral, ¿que se supón que é un plano secuencia de varios minutos? ¿unha relixión?

Adoro a De Palma. O De Palma de "Os intocables de Eliott Ness", "O Precio do Poder" e, sobre todo, "Carlito's Way". Pero incluso algunhas das súas peores películas sálvanse do inferno gracias a algunha proba de mestría destilada nun plano secuencia de varios minutos. Penso nun par de momentos na "Dalia Negra" (e mira que 20 minutos despois de vela metinme noutra sala para sacudirme o cabreo) ou no primeiro cuarto de hora de "Snake Eyes", tan intensos que despois deste shock é imposible recuperar a intensidade. ¿Por Deus? ¡17 minutos seguidos sen cortes! ¡Non creo que en toda a miña época de estudiante fora capaz de atender a algo tanto tempo!

Por iso admiro a xente como Allen ou Altman, mestres nesta arte da manipulación capaces de convertir un momento estático nunha pasarela de moebius. Tamén o cine made in Honk Kong (forma fina de dicir, "películas de chinos hostiándose") son boísimos nisto, mesmo se ás veces as "coreografías" son máis falsas que un billete de 30€ coa cara de Bush impresa. A seguinte secuencia forma parte da película "Thai Dragon".



Iso si, a forma de rematar a secuencia é un tanto cutre, pero que se lle vai facer. ¡Cantos diíñas de ensaio lles debeu levar!... Imáxinate que cando lles quedasen 20 segundos por grabar ó protagonista se lle da por resbalar nas escaleiras. Matalo sería pouco. Tarantino fai unha homenaxe en Kill Bill vol.1, xusto antes de que Uma Thurman se merende a 80 tipos da Yakuza.

Pero se hai un plano secuencia que me marcara, seguramente sexan os 4 minutos de "Sede de Mal" de Welles.



Orson Welles. Este si que debería ter montado unha relixión....

3 comentarios:

Gata Vagabunda dijo...

A miña conexión con De Palma é cero. Síntoo...

(Non así con Welles)

Anónimo dijo...

tes un blog moi interesante, que espero ir debullando pouquiño a pouco.
os planos secuencia. son coma as frases sen puntos. ás veces exténdense durante párrafos, páxinas. ás veces unha frase é un libro enteiro.

Anónimo dijo...

No sabes un carallo de cine de acción: http://www.youtube.com/watch?v=uxkr4wS7XqY
Visu labu