martes, 6 de marzo de 2007

Nostalxia en 8-bits

O meu bautizo no mundo das videoconsolas foi coa célebre NES, alá polo ano 89. Cando hoxe compras unha tés que invertir un ollo da cara para a máquina e o outro para os xogos e accesorios; coa miña NES en cambio, viñan dous mandos, dous xogos e unha pistola de infravermellos (adictiva, pero que non che servía de nada á hora de ó repelente can do Duck Hunt). Vamos, sacar da caixa, enchufar, sintonizar e listo.


Así que para lembrar os vellos tempos, un post nintendero. Esta páxina explora o que era para min unha verdade inadvertida ata este momento: SuperMario era en realidade un exercicio de propaganda soviética. A explicación apóiase sobre varias teses, tanto estéticas como do propio contido do xogo. Algunhas, omo o parecido entre Mario e Stalin, están un pouco collidas polo pelos (do bigote), pero pode pasar, cousas máis raras se teñen visto ;)

En todo caso, a alguén lle debeu parecer que a versión orixinal de Nintendo era moi pouco explícita, polo que preparou esta versión flash que recrea a Mario no mundo dos cogumelos asasinos cunha estética cercana á propaganda soviética.


O outro día, mentres vía un fragmento de Minority Report, non conseguín reprimir a risa cando Tom Cruise corre costa abaixo para que non se lle escapen os ollos polos sumidoiros. Se non viches a película, isto pode soarche raro, así que adianto algúns detalles (coidado: spoiler ata fin de párrafo!). No futuro de Minority Report, os 15 minutos de fama que todos ansiamos convértense nos 15 minutos de privacidade. Os escáneres de retina controlan cada paso que damos, así que os fuxitivos soméntense a operacións de cambios de ollos (literal) para burlalos. Tom Cruise ten que pasar por iso, pero debe conservar nunha bolsa os seus ollos orixinais por un motivo que debe ser moi trascendental pero que a nós non nos importa o máis mínimo. Nun momento da película cáenselle da bolsa e debe correr detrás deles. Se isto non che parece suficientemente ridículo, mira esta versión creada por un fan do Mario Kart, que pasa por ser un dos gifs animados máis rallantes que vin na miña vida!

E xa por último, se xogaches algunha vez ó Duck Hunt, aquel simulador de caza de patos, supoño que che fervía o sangue cada vez que deixabas escapar algún e o can se mofaba de ti sen que poideses facer nada para que calase. Pois xa podes vengarte do moi miserable neste remake en flash con gráficos clavados ó orixinal (ou case xD).



3 comentarios:

Anxo Caído dijo...

Vale...Se era propaganda soviética, como é que en moitas das series americanas dos oitenta saia a NES e/ou Super Mario?Se agora me dis que Sonic era un nostálxico do movementoPunk xa me terminas de escaralla-la infancia,snif!

Gata Vagabunda dijo...

Ei, andas un pouco desaparecido, ¿pasou algo?

Bicos

Chexire dijo...

Moito chollo, gata, pero todo ben ;)

Iso si, sen tempo para a homenaxe a Carlos Casares o que demostra que non son un tío de palabra...

Queda pendente para outro día (que nunca é mal día para lembrar a Casares)