martes, 13 de marzo de 2007

Buzoneo friki

¿Cando foi a última vez que mandache unha carta en papel? Eu xa nin lembro, a verdade. No meu caso, e a pesar da falta de romanticismo que iso conleva, recoñezo que o e-mail sustituiu por completo ó sobre e ó selo.

Non sei que pasaría se Correos tomase medidas similares a US-POSTAL e fixera versións especiais dos buzóns como esta que lle regala a George Lucas polo 30º aniversario de Star Wars. Quizais me daría algo de vergonza que me viran dándolle de papear a R2D2 ou ó mellor faríame unha ilusión bárbara pasar ó lado de tal monumento ó frikismo. En todo caso, ¿non che parece monísimo?


E ti ¿a quen convertirías en buzón?

Vía: Neatorama

3 comentarios:

torredebabel dijo...

bueno, non fai tanto que mandei unha carta pero teño que decir que custoume moitísimo escribila co boli, sen posibilidade de editar co word e esas cousas. Canto nos cambia a vida este aparello!

Chexire dijo...

Sabes o que eu boto tremendamente de menos no mundo off-line? A ventaniña do buscador e o ctrl+f para buscar no texto. Falo totalmente en serio... xD

Gata Vagabunda dijo...

Mola, mola...

(Pois a min sí me gustan as cartas. E o e-mail. En realidade, toda forma de comunicación escrita, que sempre da para bastante mais do que son capaz de expresar cos meus maullidos)