lunes, 12 de febrero de 2007

WooooooW!!!

Indo en coche esta mañán, escoito na radio:

"Si antes de viajar a Inglaterra, fuiste a clases de inglés, ¿por qué no haces lo mismo con el nuevo Windows Vista?"

"Si antes de conducir, te sacaste el carné, ¿por qué no haces lo mismo con el nuevo Windows Vista?"

Supoño que será unha boa mensaxe publicitaria para a guía que pretende colocarnos El Pais baixo o eslogan "Windows ha cambiado, que no te coja desprevenido", pero ¿de verdade isto é boa prensa para Microsoft? Nunha época onde creo que o usuario busca non complicarse a vida e que non lle rompan a cabeza, onde ata Linux buscar ser máis amigable e usable e a Google só lle falta servirche o café a través da web ¿que tal un sistema operativo equiparable a sacarse o carné de conducir ou a aprender inglés?



Windows cambiou, así que xa sabes, se queres probar o último monstruo sacado do laboratorio FrankenGates e IgorBallmer, non só necesitas unha maquina máis potente que Nacho Vidal con sobredose de viagra, senón que xa podes ir mercando unha enciclopedia...

E por certo, xeniais as frases que acompañan os anuncios en prensa, no máis puro estilo microsoft "nós nunca copiamos á competencia, de feito, son os programas da competencia os que nos copian, mesmo se eles saíron anos antes ca nos" (non é coña).

- ¡¡¡Puedo crear fácilmente un DVD profesional!!!
- ¡¡¡Puedo dictar mensajes de correo electrónico y documentos!!!
- ¡¡¡Mi equipo me avisa de los problemas y aplica automáticamente la corrección!!!

Poderíamos dicir que é cousa de El Pais, pero non teño ningunha dúbida de que detrás dos anuncios está a man do departamento de marketing de microsoft. Só hai que mirarlle para a cariña de sobredose de botox dos protagonistas dos anuncios de Vista en tele e prensa.

Como xa teño dito outras veces neste blog, nunca fun excesivamente partidario da filosofía pechada e elitista dos Mac. Pero que queres que che diga, no que é comunicación, danlles mil patadas onde máis doe, incluso burlándose de Bill Gates na súa propia cara. Cabreado con tanta complicación con Windows, e tanto discurso "con mac todo es fácil e intuitivo...", cada vez estou máis preto de caer no lado oscuro (bah, é coña, aínda me queda moito linux por experimentar antes diso)

Por certo, toda esta palabrería, resumida perfectamente nesta tira cómica de Joy of Tech (ampliada aquí).



No hay comentarios: