lunes, 19 de febrero de 2007

Chamamento: ¡Víctimas de timofónicas!

Uns compañeiros de redacción preparan estes días unha reportaxe sobre internet en zonas rurais ou semiurbanas. Se tedes algunha experiencia cabreante cos famosos teléfonos TRAC ou non podedes ter rede na casa por designios dalgunha joputante compañía, agradeceríavos que vos puxérades en contacto, via email ou nos comentarios.

Non fai falta que sexa a imposibilidade de poñer un wimax de 20 megas no alto dos Ancares. Polo que vimos ata o momento, aínda se dan situacións surrealistas nas que un pode ter un ADSL decente por pertencer a un concello e un veciño a 20 metros tense que conformar con internet via modem telefónico se non quere gastar unha burrada no satélite. Tamén están os casos nos que un ten que agardar 3 anos ata que poñan un par de postes para ter unha conexión de calidade mínima...

Graciñas de antemán.

3 comentarios:

Xosé Manuel Carreira dijo...

Os teléfonos TAC do rural non deixan de ser unha radioemisora cobrada a prezo de teléfono normal. O sinal dos TAC pode ser interceptado por calquera radioafecionado de maneira que a seguridade na comunicación é nula. Hai maior timo que este?

Madeira de Uz dijo...

Aqui o ex-redactor (cujo contacto bem sabes) tem experiência e experiências na impossibilidade de conectar-se a internet.

Na minha casa tivemos TRAC até 3 anos atrás. Puseram-nos o poste telefónico de cabo um mês de setembro, e o cabo chegou-nos um frio março. Câmbio de número telefónico incluido, com as moléstias que implica (sobretudo quando tens família no estrangeiro e não lhe-lo podes comunicar com tempo porque te avisam do câmbio no mesmo dia).

Ainda hoje estamos sem internet porque companhia carece da infra-estrutura necessária e não lhes compensa trazer internet a uma freguesia de 100 pessoas e +- 40 casas das que só 3 ou 4 se conectariam.

Chexire dijo...

Si, paréceme que os TRAC fixeron tanto por superar a fenda dixital como o Spam pola simpatía cara a informáticos.

Graciñas Uz, xa lle paso logo o aviso ós interesados ;)