¿Un metaverso da man de Google?
¿Estaráselle a quedar pequecho o Mundo Real(tm) a Google? A verdade é que no GooglePlex non teñen un pelo de parvos e saben por onde se moven as grandes oportunidades. De momento non é máis ca un rumor pero non me extrañaría nada que se confirmase en poucos meses. Parece que pensan en dar ó salto ós metaversos virtuais baseados na interración social (do tipo Second Life) creando un videoxogo propio... ¡baseado en Google Earth!De feito, poderían usar a ferramenta de creación 3D Sketch Up, un programa que adquiriron hai poucos meses, que permite facer gratuitamente construccións tridimensionais en G.Earth dun modo moi intuitivo e sinxelo. ¿Un universo virtual baseado na "xeografía real reinterpretada," onde os avatares poidan viaxar no tempo e no espacio, interactuar e intercambiarse fotos e vídeos con Gtalk e Gmail, apuntar as citas en Google Calendar, ver clips de Youtube en minicines...? E iso sería só o comezo. Pensa en todos os servizos como Panoramio ou Wikipedia que comezan a integrarse en G.Earth ou ter este metaverso dispoñible no móbil ¿Por que non?
Seguro que tería moito atractivo como rede social e un potencial publicitario enorme. ¿Ti que cres? De momento déixoche este vídeo coa reconstrucción virtual da cidade de Denver en Google Earth.
Seguro que tería moito atractivo como rede social e un potencial publicitario enorme. ¿Ti que cres? De momento déixoche este vídeo coa reconstrucción virtual da cidade de Denver en Google Earth.
Vía: Google Dirson
Enlace: Manolo Gago fala sobre Sketch Up






No hay comentarios:
Publicar un comentario