Un gran poder conleva...
Despois de varios días rulando pola redacción, non me resistín a facer eu tamén o test para saber que superheroe podería ser. E segundo os benditiños que idearon o cuestionario, teño unha probabilidade do 100% (supera iso, anda) de parecerme a Spiderman. Só espero que sexa o Spidey dos comics e non o das películas de Sam Raimi, porque hai que ver que sosiño lle saeu o Tobey Maguire.







2 comentarios:
... supoño que non dubidas quen son eu case ó 100%, ¿eh? :)
(¡e nin sequera preciso facer test!)
Mira, ben pensado, Chexire, non é tan raro que teñas unha alta porcentaxe gatuna, ¿ou non?
Pero é que eu son máis ben un gato persa deses pachorrentos que non se levanta do sofá en todo o día...
Publicar un comentario