Érase unha vez unha interface de usuario
Microsoft lémbrame a Michael Bay, ese selecto director de grandes xoias do cine como Pearl Harbor, La Roca, Armagedon, ou 2 policías rebeldes: taquillazo asgurado, divorcio coa crítica garantizado.
Cada novo producto de Microsoft recibe paos por tódolos lados e ó mellor de todo é que nunca sabes por onde van vir. No caso de Windows Vista ou Explorer 7, acúsaselle de non innovar o máis mínimo, limitándose a copiar características presentes nos seus competidores directos. Pero no caso do novo Office 2007 agora seica... innovaron demasiado!
Cada novo producto de Microsoft recibe paos por tódolos lados e ó mellor de todo é que nunca sabes por onde van vir. No caso de Windows Vista ou Explorer 7, acúsaselle de non innovar o máis mínimo, limitándose a copiar características presentes nos seus competidores directos. Pero no caso do novo Office 2007 agora seica... innovaron demasiado!
Parece que a nova interface, dinámica e basada nunha "cinta" (non acabo de entender o concepto, pero aquí tedes unha captura) supón un cambio radical respecto ós menús que apenas cambiaran dende 1995. Tan radical que xa se empezan a oir voces de que a mudanza pode retrasarse e que moitos usuarios poden non atreverse a migrar a novas versións.
Dado o importante negocio que supón Office para Microsoft, o departamento de marketing ideou un cómic, The enchanted office: Once upon a user interface -o título non é meu, en serio- para convencer ós máis reacios. Dende logo, non ten desperdicio (pincha para vela aumentada) e de paso fixádevos no estraño parecido do ordenador co iMac.

A min de momento só me convencen de que o Departamento de marketing de Microsoft debería tomar algo máis suave para as migrañas...






6 comentarios:
Deixei o jüindous fai xa bastante así que temo que non poderei opinar nunca respecto á calidade do Vista. E o Firefox vai mais que ben... De todos xeitos sempre me pareceu un pouco irracional eso dos ataques sistemáticos a Microsoft. Se non o queres usar non o uses -hai alternativas- pero ninguén pode negar que gracias o invento ese do demo todo quisque usa o ordenata.
¿E ti eres dos que se atreverán co cambio e gusta de experimentar, ou ficarás co malo coñecido antes que co bó por coñecer?
Algo de cara si lle botan...
;-)
Pois o certo é que o ordenata esse tem um parecido com o que usa Mannwel McGago :-p
Noutro género de cousas, a cinta rolante é como um scroll horizontal, similar ao que usa o próprio MacOs no seu desktop (concretamente nos ícones da zona inferior), mas em pequeninho.
De facto, aos usuários habituais de Mac não creio que lhes surpreenda o conceito da 'cinta rolante', provavelmente por esse mesmo motivo.
Por outra parte, o problema da interface é mínimo, sobretudo se finalmente se decidem (é um rumor não oficial, mas a ver) por permitir uma opção de 'vista clássica' (algo que dita a lógica).
Muito pior que o da interface é a falta de compatibilidade com os estândares abertos e a criação de esse invento absurdo chamado OOXML, prova da teima de Microsoft em fazer estândares que só eles entendem (os ex-usuários do Explorer sabemo-lo bem ;)).
Completando o anterior e volvendo à cinta rolante, comentar que também tem bastante semelhança com a interface por pestanas da série MX de Macromédia (que na glória esteja ;).
Uz, non estou moi seguro de que se pareza na práctica ó dock de MacOS X, creo que algo máis complexo. En todo caso, se así fose, creo que sería pouco intuitivo moverme entre tantas opcións con algo parecido. Ó mellor vai máis ben polo lado dos menús dinámico contextuais.
Gústame o de "facer estándares que só eles entenden", algo contrario a propia definición de estándar e que lembra a postura dalgún(s) partido(s) político(s) xD
Gata, sigo con windows no traballo aínda que temos prevista unha progresiva migración a Debian nos próximos meses.
Na casa, instalei hai tempo unha distribución Ubuntu e estou encantado con ela.
Creo que tés razón respecto o dos ataques a microsoft. Non serei eu quen defenda os seus productos, pero paréceme normal que coa base de usuarios que tén sexa o sistema máis vulnerable. Oxalá os consumidores descontentos se atreveran a probar coa competencia, seguro que microsoft se poñería as pilas como fixo con Explorer 7.
..... ¡¡¡¡¡¡ a Debian !!!!!! qué puristas estades feitos. Pois sorte. É un pouco árida de mais para o meu gusto.
Publicar un comentario