viernes, 12 de enero de 2007

Paradoxas visuais

Vía Calidonia, vexo outra desas ilusións ópticas que tanto me fascinan. Tal como di, "ben podería aplicarse como metáfora visual en moitas das noticias importantes destes días sobre as que sempre hai alguén proxectando sombras e incertezas".




Aínda que non o creas, as casillas A e B teñen a mesma cor. Tés unha proba aquí. Desatascando as neuronas e desempolvando os vellos recordos de 1º de Psicoloxía, creo que o fenómeno débese ó metamerismo, un mecanismo perceptivo que provoca que dúas mostras de cor parezan diferentes ou iguais dependendo da iluminación (neste caso concreto, influirían a sombra do cilindro verde, a cor das letras e o grao de sombra das casillas que os rodean).

Hai outro mecanismo similar denominado constancia de cor que tamén tería algo que ver, ademais da experiencia previa que che fai pensar que ese taboleiro se compón de pezas de dúas cores.

Non penses que o metamerismo ou a constancia de cor só se manifestan en circunstancias extremas. Mira calquera parede branca que che rodee. ¿Verdade que é branca en toda a súa extensión? Vale, agora fíxate ben. ¿Acaso non ten sombras? Polo tanto, esas zonas deberíamos velas grises a primeira vista, ¿non? Claro que iso provocaría certo estado de psicodelia, vendo como os obxectos cambian de cor con só mover a cabeza, a súa orientación, a posición dos ollos, con que alguén pasase ó seu lado proxectando sombra...

No hay comentarios: