miércoles, 10 de enero de 2007

María Antonieta, Lost in Versalles

Os críticos de cine sonche criaturas sensibles de máis. Dende o festival de Cannes levo oíndo que "María Antonieta" é desas películas que "ou che encanta ou aborreces ata o infinito". E sinceramente non me pareceu para tanto. Non me entendas mal, gustoume. É máis, gustoume moito, pero non sei a que vén tanto lío. É un biopic moi agradable de ver (que non é pouco para os tempos que van), cunha aposta visual e sonora valente pero sen estridencias nin grandes rupturas coa tradición.

Supoño que prolonga tódalas virtudes e defectos do estilo de Sofía Coppola. "Las vírgenes suicidas" pareceume unha moi boa película e son un fan declarado de "Lost in Translation" así que tamén disfrutei con esta, pero entendo que poden parecer excesivamente lentas e contemplativas, cun incómodo punto de snobismo difícil de ventilar. Se es destes últimos, seguramente volvas sentir o mesmo. É posible que tampouco che convenza a excesiva idealización da reina adolescente, pero non sei eu se considerala exactamente unha película histórica.

A Sofía Coppola hai que recoñecerlle unha sensibilidade especial para recrear a fraxilidade e a melancolía humana. As súas protagonistas están cheas de tristeza pero pásanse as películas sorrindo; a indiferencia e estupidez dos homes fía a súa fatalidade, pero buscan con decisión o seu propio lugar no mundo; encántalles xogar, pero non deixan de ser profundas... E entre nós, os seus desnudos son preciosos, tan íntimos como fugaces e sensuais.

¡Se incluso pasean! Pénsao, ¿cando foi a última vez que viches a un personaxe de película paseando?


7 comentarios:

Aldo Roda dijo...

Xa non sabes que facer para meter a Scarlett. Por certo Sealand está ne venta ¿comprámola?

Chexire dijo...

Síntoo, pero estou negociando recomprarlle a uns xudeus un cacho da Lúa e o meu sueldo non da para máis.

Gata Vagabunda dijo...

Xa che direi cando vaia vela.

Ah! e coido que corro risco de repetirme (creo que xa o soltei unhas mil veces na miña vida) pero, ¿non credes que "lentas" só son as películas malas? esas sí que se fan infinitamente lentas... Algún día habería que discutir sobre iso da lentitude no cine.

Chexire dijo...

Supoño que (como todo) é relativo e depende da definición que fagas, pero eu non identifico automaticamente "lenta" con "mala" (ainda que si coinciden moitas veces).

Para min o o ritmo dunha película é un parámetro moi importante, pero que pode compensarse/fastidiarse con outros. Kubrick ten algunhas películas bastante lentas (2001, Barry Lindon...) no sentido de que non buscan un ritmo áxil, senón que queren darlle ó espectador máis tempo para reflexionar ou contemplar. O problema vén cando ese ritmo máis pausado non é intencionado senón froito dun mal guión ou dunha mala dirección. Entón si que estaríamos ante unha película mala ou polo menos defecturosa.

Pero vamos, recoñezo que é unha teoría propia moi de andar por casa, así que estou aberto a outras ;)

Gata Vagabunda dijo...

Igual non me expliquei moi ben.

Se eu teño a percepción de que unha peli é "lenta", miro o reloxo, empezo a removerme. Abúrrome. Sin embargo, estou cansada de ver películas marabillosas que moita xente considera "lentas". Falaba más ben da "lentitude" como percepción de aburrimento, non do ritmo narrativo en sí. ¿É "2001" lenta? para mín non. É unha gozada, e en ningún momento miro o reloxo para nada: quedas hipnotizado de principio a fin. Aí vai un pouco por onde apuntas ti nas últimas frases.

Ben, a todo isto, xa non sei nin por qué arranquei con toda esta perorata...

Gata Vagabunda dijo...

Eeee... esto... para min que viñemos dicir mais ou menos o mesmo. Mira que me leo.

Gata Vagabunda dijo...

"leo"!!!... arggg!! "lio"

buf

(Café, por favor)