martes, 9 de enero de 2007

iPhone e o condensador de fluzo

Non son maqueiro, nin me cae especialmente ben Apple. De feito, cáeme bastante mal. Escapo do binomio iPod/iTunes e non comparto ese dogma case universal da superioridade mac.

Pero hai que recoñecelo, o iPhone é a revolución que necesitan os dispositivos móbiles. Fácil, sinxelo, intuitivo e tremendamente bonito, tanto que meu samsung que acaba de cumprir un ano parece sacado do museo de historia natural. Teléfono, música, fotos, internet... todo a un clic, en apenas 10 mm de ancho.

Dubido moito que chegue a ter un entre as miñas mans (polo menos, adquirido legalmente...) pero espero que os fabricantes se poñan as pilas e que o futuro estea un día máis preto.





3 comentarios:

Gata Vagabunda dijo...

Pois mira, eu non teño nada de Mac, pero ben quixera (di ti que agora xa non son tan inasequibles). O día que sexa compatible con Linux non o penso dúas veces.

O iPhone en cuestión éche ben chulo. Claro que, como case todo o que vexo por aí, digo "anda, qué bonito", e fin do asunto.

Chexire dijo...

Creo que a transición a procesadores intel veulles moi ben para ampliar cota de mercado e achegarse a un público máis xeralista e menos elitista.

Os portátiles seguen sendo asquerosamente caros, pero chegado o momento de cambiar de ordenador de sobremesa plantearíame comprar un iMac, precisamente porque podería instalar os 3 sistemas operativos clásicos.

Hai bastantes tutoriais que explican como instalar linux nun mac intel. Por exemplo, este. De todas formas, sairíanos moitos macfrikis dicindo que é unha herexía mancillar un apple con outra cousa que non sexa Mac OS ;)))

Gata Vagabunda dijo...

Graciñas por manterme actualizada, "deus cho paghe", como dirían as velliñas