jueves, 4 de enero de 2007

Eramos poucos...

...e para rematar a galería de grandes frases do día (ver post anterior), a perla que Francisco José Alcaraz, presidente da AVT, deixou nunha entrevista a Periodista Digital

"Pienso que se ha roto el diálogo pero no se ha roto el proceso. Pienso que esto [sobreenténdese que se refire ó atentado de Barajas] es un paréntesis que tanto ETA como el gobierno han ideado para retomar el proceso en una situación mucho más cómoda para ambos.

(...) Este paréntesis busca anestesiar la sociedad española y, especialmente, a la Navarra de cara a un proceso electoral para que el PSOE pueda conseguir el poder en esta Comunidad Autónoma. Así, podrán pagar el precio político que exige la banda terrorista ETA. Pienso que es un plan maquiavélico por lo que, vamos a vivir unos meses complejos en tanto que todo responde a una gran mentira que van escenificar la banda terrorista y el Gobierno."
As víctimas merecen todo o respeto. É máis, ó contrario do que lle teño oído a algunha xentenos últimos meses, eu si penso que deben participar no proceso, diálogo ou como queiramos chamarlle, xa que eles tiveron que cargar coa hipoteca do terror durante todas estas décadas. Teñen todo o dereito a estar en desacordo coa política antiterrorista do goberno e a usar os mecanismos lexítimos para que conste.

Outra cousa é que a súa dor se convalide nunha patente de corso coa que poder soltar calquera animalada que se lles pase pola cabeza. Se a ti ou a min nos dera por vincular a un grupo terrorista coa AVT ou co PP, teríamos ós 5 minutos a todo un entramado político, mediático e xudicial reprobando a nosa conducta. E así debería ser.

Nos momentos difíciles necesítanse líderes responsables, discretos e eficaces que axuden a que as cousas se solucionen. Se os membros da AVT queren que a súa organización sexa algún día cousa do pasado, deberían meditar sobre quen escenifica a súa voz. Senón, xente como Alcaraz acabará por levalos á caricatura e que pasen de ser ignorados a ser repudiados.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Alcaraz xa deixou fai tempo o camiño da caricatura para converterse en idílico esperpento.