jueves, 28 de diciembre de 2006

Revisitar Kubrick

¿Verdade que che caen mal eses pedantes que van contigo ó cine e pretenden comprendelo absolutamente todo, sexa unha película dos Farelly ou a última de David Lynch? A min tamén, por moito que me fastidie admitir que eu son un deses impertinentes...

A excepción pode ser "2001: Odisea no Espacio". A primeira vez que a vin, non entendín nin papa. Á cuarta, tampouco. E aínda así, cada vez que teño ocasión de ver aínda que só sexa un cachiño, quédome fascinado ante a pantalla. Ten algo.... especial, un toque hipnótico que vai moito máis alá da ternura dun ordenador enloquecido ante a perspectiva da morte como é Hal 9000.

Pero se a ti iso non che chega, precisas saber que demos é o maldito monolito negro e tés paciencia para aturar os 20 minutos que dura esta película flash moi currada (sobre todo para ter 5 anos), verás unha das posibles explicacións.

De todas formas, lembra o que dixo Kubrick: "Sodes libres de especular sobre o significado alegórico e filosófico de 2001". Así que non remexas demasiado, non vaias romper o encanto para sempre.


3 comentarios:

Gata Vagabunda dijo...

Acabo de quedar abraiada co vídeo... non polas explicacións que ofrece, senón porque é un auténtico 2001 en cativo!

Chexire dijo...

E sobre todo se pensamos que a animación xa ten 5 anos...

Por certo, ¿cal é a túa película de Kubrick favorita?

Gata Vagabunda dijo...

¿O meu Kubrick favorito? "Sendeiros de gloria". Aínda así, ¿para qué elexir? quedémonos con todas ;-)