Parásitos mentais (e non falamos da TV...)
...nin da publicidade.
Hai xa algúns anos, quedei absolutamente fascinado despois de ver en canal+ un documental boísimo sobre parásitos. Hai varios fragmentos rulando por Youtube, como este sobre uns vermes que se introducen nas antenas tránslúcidas dos caracois aumentando esaxeradamente o seu tamaño, polo que se converten en brancos perfectos para os paxaros en busca de petiscos. Misión cumprida para o verme que atopa no estómago do paxaro o fogar ideal para os seus ovos. Unha vez que as larvas son expulsadas nos excrementos, non teñen máis que agardar a que apareza outro caracol para comezar o ciclo de novo.
Pero o dos parásitos que se fan co control mental das súas víctimas xa é excesivo. O caso deste outro verme (concretamente un nematomorpha), un "alien" especialmente afín ós artróprodos, como este pobre grilo. En canto se cansa de gorronear da súa dieta, pasa a controlalo quimicamente e obrígao a suicidarse tirándose á auga. Unha vez alí, aproveita para fuxir en busca de parella. Maldito desagradecido...

Para que logo andemos con coñas co anisakis...
___
Vía: Genciencia
Enlace: The neurophilosopher's weblog
Enlace: Parásitos e insectos (Youtube)
Enlace: Avispas que convierten cucarachas en zombies (Genciencia)
___
4 comentarios:
Deus santo, ¿todo ISO estaba dentro do pobre grilo?
Parecía unha peli de terror... buff
Qué noxo.
Si, unha peli de terror... real!
Se vemos unha película na que un bicho semellante nos fai iso a nós, xa a catalogamos como ciencia ficción, así que deberíamos andar con ollo ;)
Hai uns meses, no Discovery channel saía un señoriño que aseguraba ter probas de que líderes mundiais como Blair, Bush, Castro ou Tatcher estaban poseídos mentalmente por parásitos alieníxenas. Claro, eu tomábamos a coña, pero, vaite ti a saber... xDD
Args!
Desagradável!
Brrrrrrrr!
Lembra-me a umha professora dum amigo de Farmácia que seita tem um parasito no cerebro por manipular mais umhas mostras. O becho está num quiste, e nom se pode extraer... supom-se que nom pode fechar o ciclo nos seres humanos, assim que nom passara do estado de quiste (é próprio dos cochos)... mais se passa... brrrrrr
Fer, éche ben asqueroso si...
Parece sacado dun capítulo de House
Publicar un comentario