Parásitos (II)
Cada día me asombra máis a capacidade dos parásitos. A este paso voulles ter que adicar unha categoría neste blog. Non contentos con dominar mentalmente ós grilos ata levalos ó suicidio ou convertir os cornos dos caracois en bolas de discoteca para chamar a atención dos paxaros, este ben podería o primeiro parásito feminista que teño o gusto de coñecer.
Polo visto científicos australianos descubriron unha nova "propiedade" do toxoplasma gondii, un protozoo moi común en mamíferos pequenos como gatos e ratos e que pasa ó organismo humán a través do contacto cos seus excementos (un 40% da poboación mundial estaría infectada). Polo visto, este bicho é capaz de aumentar a promiscuidade nas femias e de reducir a capacidade intelectual e o medo a conductas de risco nos machos.

Ata agora non se coñecían consecuencias do toxoplama nos humáns, pero polo visto científicos australianos atoparon certos indicios (coidado, traducción propia):
"Os homes infectados teñen unha capacidade de atención e coeficientes intelectuales menores, e alcanzan un nivel educativo inferior. Son individuos con maior probabilidade para tomar riscos e ser máis independentes, antisociais, celosos e taciturnos. (...)
Por outra parte, as mulleres infectadas soen ser máis amistosas, promiscuas e son consideradas máis atractivas para os homes comparadas con individuos non infectados".
Como sempre, estes estudios hai que collelos con pinza ata que se teñan máis evidencias (e máis a escasas horas do 28 de decembro xD), pero ¿a que acojona?
PostMortem: Vexo este mesmo tema en Menéame baixo o título "Un parásito provoca estupidez en los hombres y aumenta el atractivo a las mujeres". Un usuario comenta: "¿pero eso no lo hacía ya el whisky?
2 comentarios:
Co primeiro post de parásitos deixárasme pampa, pero e que isto xa é a repera, vaia...
Xa che digo que acabarei facendo unha categoría só para parásitos, porque sinceramente, Alien é un neno de teta comparado con estes...
Publicar un comentario