A evolución do disco duro: Natillas
Está claro que xa non é un chaval, así que hai que ir buscándolle sustituto. De todas formas, creo que o pobre disco duro, que acaba de cumprir 50 anos, non podía imaxinar que o seu sustituto poderían ser... unhas natillas???
Iso deben pensar en Mediamarkt, que se non me equivoco son os dos anuncios odiosos de "Yo no soy tonto". Resulta que unha cliente dunha multinacional de electrodomésticos encarga tres discos duros e cando abre a caixa atopa no seu lugar dúas natillas. O mellor de todo é que na tenda lle din que non é a primeira vez que pasa. A historia completa, aquí.

Como sempre con este tipo de historias hai que tomalo con cautela xa que soen ter moooooito de lenda urbá. Claro que eu aínda lembro, nos albores de internet, como un amigo meu moi moderno pide unhas pezas de scalextric a unha tenda especializada de Barcelona e o que lle chega é unha colección de discos de ópera. Por aquel entón tamén rulaba polo IRC a lenda do rapaz que comprara un reproductor de dvd para recibir catro latas de pulpo dun kilo.
Aquilo meteume no corpo un medo que non fun capaz de sacarme ata hai ben pouco. Iso si, dende que me atrevín a comprar pola rede, ningún problema, aínda que meter o número de tarxeta segue dando bastante repelús...
Vía: Menéame
Aquilo meteume no corpo un medo que non fun capaz de sacarme ata hai ben pouco. Iso si, dende que me atrevín a comprar pola rede, ningún problema, aínda que meter o número de tarxeta segue dando bastante repelús...
Vía: Menéame
2 comentarios:
Se cando vas polo Hiper ves un carro da compra cheo de produtos de nadal e no cume o teu retrato, din que che pode cambiar o contrasinal da Visa. Para que isto non aconteza hai que dar tres voltas arredor da caixeira que estea máis á dereita e cantar unha estrofa de "Eu quéroche cantar, Galicia". Man de santa (compaña)
E tamén funciona coa Mastercard?
E funciona o revés (que ti poidas cambiarlle o contrasinal a outro)? Porque se é así, eu apúntome a eses aquelarres tecnolóxicos...
Publicar un comentario