¿En que pensan as neuronas?
Gracias a Besbellinha descubro este novo patrón de beleza bastante máis sofisticado que o repugnante 90-60-90. Neste caso, trátase dunha actualización da "proporción áurea" que leva cautivando ós artistas dende a Idade Antiga. Estudiosos do Marquardt Beauty Analisys apoiáronse nela (hai explicacións das diversas etapas do making off na súa páxina) para construir unha "máscara de beleza facial". Xa sei que con ese nome podería ser perfectamente un producto de Nivea ou de Dove, pero non, trátase disto:

Podedes descargar a máscara e comparar a coincidencia cos vosos rasgos. cunha boa foto frontal que vos saquedes (Besbellinha explica moi ben os requisitos que debe ter). Fagamos unha proba para ver por onde van os tiros.
Collemos, totalmente ó azar, unha foto da primeira persoa anónima que vexamos entre as tropecentas mil que custodia Google. Por exemplo, mismamente... esta.
Aplicamos a máscara e...

... queda demostrado, por se había algunha dúbida, que toda a beleza da cara da rapariga anónima debémoslla ó bendito número áureo. Cantos disgustos se terían aforrado Brancaneves e o espello da madrastra cun invento semellante. Claro que hai que recoñecer a pouca utilidade da máscara para ó resto do corpo ou para iso que chaman beleza interior.
Como curiosidade non está mal, pero séguese botando en falta un estudio rigoroso que vincule a proporción áurea coa armonía visual dende un punto de vista cerebral. Ou sexa, demostrar que as neuronas, aparte de preferilas loiras e de ollos azuis, quérenas "áureas".
8 comentarios:
Coido que há um estudo da preferêcia neuronal polas estruturas fractais, mais tenho que pescudar nos meus antigos apontamentos de Biofísica. O número aureo pode ser tratado como um índice de fractalidade, pois o rectángulo de euclides (que se divde umha e outra vez em rectángulos aureos mais pequenos) é umha figura que pode criar fractais...
Certo, coa vantaxe ademais de coñecer a sucesión que rixe ese índice dende hai séculos. Se todo iso se poidese demostrar, chegaríamos a conclusión que o sistema perceptivo sinte "preferencia" (co complexo que é definir o termo) por estructuras que se repiten periodicamente na natureza (como poden ser o número áureo ou Pi).
No fondo, sería bastante lóxico. Se ese patrón matemático "rixe" diversos parámetros de crecemento dos seres vivos (cunchas, proporción entre órganos ou membros, crecemento das follas...) por que non podería estar tamén detrás de parámetros neuronais?
É un tema que se queda moi grande e do que non entendo nada, pero creo que o gran problema está en traducir termos como "preferencia", "beleza" ou "armonía visual" a nivel psicofísico ou fisiolóxico.
Se encontras eses apuntes, estaría moi agradecido se poideses mandarmos ;)
E gracias pola visita!
Pois si que pinta interesante a cousa, Tawil (ou fer...ou o que sexa) a mirar eses apontamentos.
A Scarlett (esas fotos ao azar :D) sóbranlle morros segundo a mascariña en cuestión, pero vamos...que a min gústame así, que non deixa de estar pa comela.
Un saúdo :)
Besbellinha,non me seas tan quisquillosa!
A Scarlett non lle sobran moros, é que á máscara fáltanlle un pouco ;)
Por certo, teño ganas de vela xa en
"The Prestige" (cambiaranlle o nome aquí???) xunto a Christian Bale e Hugh Jackman, que aínda estou enfadado con ela dende a "Dalia negra"...
Parece que non colleu ben o enlace. Debo estar algo torpe...
A Scarlett nom lhe sobra rem :D :D
Estou à procura desses papeis :S
Dende logo ten lóxica a atrracción pola sucesión e a proporción aurea.Xa hai tempo que vira un estudo sobre a "máscara" e curiosamente o careto de J.Bardem encaixaba case a perfección...En fin,ata Fibonacci se trabuca de cando en vez :P.
Publicar un comentario